O Servizo de Voluntariado social do Concello de Negreira organiza un curso gratuíto de inglés para adultos os mércores de sete a oito dá tarde. Dará comezo o día dous de novembro e as prazas son limitadas.
Para máis información os interesados poden dirixirse o Servizo de Voluntariado Social na planta baixa do concello ou chamar o teléfono 664 074 674.
Dende o mes de outubro e ata o mes de decembro, a Fundación Protección Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala ten en marcha un programa de socioterapia, financiado pola Deputación da Coruña cun investimento de 2.996 euros do cal beneficianse os dazaséis usuarios/as do seu Centro Ocupacional.
Este proxecto inclúe as actividades de baile e teatro para os/as usuarios/as da entidade, e é impartido por persoal cualificado en cada unha das dúas actividades. O obxectivo xeral ó o incrementar a interacción dos usuarios co entorno e potenciar a súa autonomía e benestar tanto físico como emocional.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
• Mellorar o benestar físico.
• Incrementar a autoestima
• Desenvolver a capacidade expresiva
• Devenvolver a capacidade comunicativa a nivel emocional
• Favorecer o traballo en grupo
• Mellorar a orientación espacial e postura corporal
• Mellorar o equilibrio e a lateralidade
• Mellorar o estado de ánimo e a tolerancia ao estrés
O proxecto realízase dentro do horario do Centro Ocupacional. A actividade de baile é os luns e mércores, na entrada ó Centro Sociocultural, sendo impartido polo Centro de Estudos Tambre, mentras que a actividade de teatro é tódolos martes, no Auditorio do Centro Sociocultural, e impartido por Sandra Lesta, directora da Escola Municipal de Teatro.
A Asociación micolóxica Sendeiriña ¨Nicraria Tamara¨ programou un ano máis, o seu Outono micolóxico can este 2016 vai pola súa oitava edición, xunto coa decimo cuarta Semana Micolóxica Galega, coa colaboración do Concello de Negreira.
Conferencias
Xoves 3 de novembro: 20:30 horas con Jaime Blanco-Díos “Especies novas para a ciencia e ameazadas en Europa encontradas en Galicia”.
Venres 4 de novembro: 20:30 horas con Puri Lorenzo “Identificando boletais”
As conferencias terán lugar na Casa da Cultura, no 1º andar (ó lado da Biblioteca).
Exposición
Domingo 13 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas (Auditorio Casa da Cultura), na Carreira de San Mauro.
Saídas
Sábados 5 e 12 de novembro: Ás 10:00 horas dende diante da Casa da Cultura. Consultar máis saídas no blog de Sendeiriña.
Luns micolóxicos
Tódolos luns dende o 3 de outubro ó 5 de decembro, identificación de especies e obradoiro de microscopia micolóxica.
Sendeiriña PRIX
Concurso de procura de cogomelos. Consultar as bases no blog da Asociación.
Por último, haberá a tradicional cea-degustación de cogomelos (previa inscrición), o sábado día 10 de decembro, no restaurante O Rueiro, en Vilaserío.
As obras a realizar foron o arreglo das seguintes pistas municipais:
Camino de Pesadoira.
Camino de Cornado a Santa Comba
Camino entre Marcelle y Casal do Mato
A Escola Municipal de Teatro presenta ¨Museo animado do terror¨, na noite do luns 31 de outubro, na entrada ó Centro Sociocultural, de 20:30 a 22:00 horas, para idades a partir dos 13 anos. Baixo a dirección de Sandra Lesta.
Morrerás de medo!
Na noite de defuntos vén a recoñecer ós teus monstros preferidos, e a revivir as esceas do terror máis tradicional no museo ambulante da EMT no Hall do Centro Sociocultural, con acceso por A Restreva.
Páxina 232 de 257