casa

 

As bolsas correspóndenlle á rapazada nada nos anos 2018, 2017 e 2016, que cursarán cuarto, quinto e sexto de educación infantil, respectivamente, nos dous colexios do concello: o CEIP O Coto e a Escola Unitaria de Aro.

O obxectivo destas dotacións, valoradas nuns setenta euros por rapaz, é facilitar ás familias con baixos recursos o acceso ao material escolar que necesiten. Estes cheques poderán ser empregados nas librarías de Negreira.

Os beneficiarios son toda a poboación residente e empadroada no concello dende hai polo menos seis meses, con escasos recursos e que non superen os baremos económicos establecidos:

• Para familias con dous convivintes o límite de ingresos é de 550 euros.
• Para as de tres convivintes, é de 700 euros.
• Para as de catro, 850 euros.
• Para as de cinco, 1000 euros.
• E para as de seis ou máis, 1150 euros.
• Ademais, no caso de que as familias teñan aluguer ou hipoteca, as cantidades poderán excederse nun máximo de 200€ mensuais.


Os impresos de solicitude estarán a disposición das persoas que así o queiran no departamento de Servizos Sociais, ao longo do mes de agosto. Para máis información poden chamar ao 881 035 159.

powered by social2s

IMAXE CAMPAMENTOS DE VERÁN

Volve unha nova edición dos campamentos de verán organizada polo Concello de Negreira e o departamento de Cultura e Deportes. Terán lugar en Boiro, no Albergue Xuvenil Espiñeira dende o 26 de agosto ata o 4 de setembro. Os rapaces e rapazas nados entre o 2006 e o 2010 poderán apuntarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 885 886 ata o día 13 de agosto.

 

En total, son 17 prazas dispoñibles baixo un custo de 60 euros. Os nenos e nenas que vaian asistir terán unha reunión informativa o luns 16 de agosto ás 20:30 horas no Auditorio Vello para ultimar todos os detalles sobre estas xornadas de verán.

powered by social2s

Imaxe

 

Dirixido a familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 12 anos, o Campamento Urbano Respira que se levará a cabo durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá, abre a súa inscrición con prazas limitadas.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios recollidos no Regulamento do Campamento Urbano Respira (BOP 7 de maio de 2021):

 

1º . Familias con menores empadroados no concello de Negreira
2º. Familias que aporten informe social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
3º. Familias numerosas
4º . Familias monoparentais
5º. Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero
6º. Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no concello de Negreira

 

O campamento abarca desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, podendo as familias elixir as quendas que necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira co seu correspondente prezo público recollido na ordenanza (BOP 19 de maio de 2021):

 

1ª quenda: 1 ao 15 de xullo
2ª quenda: 16 ao 31 de xullo
3ª quenda: 1 ao 15 de agosto
4ª quenda: 16 ao 31 de agosto

 

Prezo público

-80€/mes
-40€/quincena
-5€/día

 

O horario do campamento será de 8:30 a 14:30 horas. Exención e bonificación.


Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:


1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.

 

2.- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.

 

Documentación a aportar:

 

- Modelo normalizado de ficha de inscrición.
- DNI dos responsables do menor.
- Libro de Familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.

- Tarxeta sanitaria do/a menor.
- Declaración IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.

- Xustificante bancario de ingreso do prezo público.

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

 

O desenvolvemento do campamento estará suxeito en todo momento á evolución da situación epidemiolóxica por mor do COVID-19.

 

As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Negreira, na rúa do Carme, 3 baixo. Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira (C.I.M), solicitando cita previa no número de teléfono 981 886320/662 370 448, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 28 de maio ao 7 de xuño.

 

powered by social2s

Dende o mércores día 1 de xullo e até o vindeiro día 8 de setembro permanece aberta a matrícula para cursar estudos musicais na Escola Municipal de Música de Negreira, nun prazo dirixido ao novo alumnado que se queira incorporar á escola.

 

A matrícula pódese facer de maneira presencial, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8 a 14 horas, ou ben de forma telemática na sede electrónica do Concello de Negreira.

 

A presentación do curso e asignación de horarios terá lugar o vindeiro 10 de setembro, nun acto a partir das 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A continuación detallamos os horarios das asignaturas grupais da Escola Municipal de Música para o curso 2021-2022. 

Attachments:
Download this file (Horarios asignaturas.pdf)Horarios asignaturas
powered by social2s

O Concello de Negreira informa da apertura do prazo para a renovación de matrícula, e de solicitude de novo ingreso para nenos e nenas de 0 a 3 anos, na Escola Infantil Municipal do Concello de Negreira para o próximo curso. 

  • RENOVACIÓN DE MATRÍCULA

Ábrese o prazo de renovación de matrícula para o curso 2.016 - 2.017 dos alumnos e alumnas  da Escola Infantil Municipal de Negreira que xa asistiron durante o curso 2.015 – 2.016.

PRAZO: do 1 ó 15 de abril

LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Negreira, en horario de 9 a 14 horas

DOCUMENTACIÓN:
                              . última declaración da renda dos pais.
                              . xustificación da situación laboral (actual) dos pais.
                              . calquera outra circunstancia que varíe a situación socio-familiar.    
      

  • SOLICITUDE DE NOVO INGRESO

Ábrese o prazo de inscrición de nenos e nenas 0 a 3 anos na Escola Infantil Municipal para o curso 2.016 - 2.017.

PRAZO: do 1 ó 15 de abril.

LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Negreira, en horario de 9 a 14 horas

DOCUMENTACIÓN:
                              . solicitude de novo ingreso.
                              . certificado de convivencia.
                              . DNI do pai,nai ou titor/a.
                              . libro de familia.
                              . última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar.
                              . última nómina ou xustificación da situación laboral dos pais.
                              . tarxeta de desempregado/a.
                              . outros documentos que procedan, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo.                                             

                               .informe dos servizos sociais nos supostos  de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.                                
                              . documentación complementaria: certificado médico do neno/a, carné de vacinacións actualizado, fotocopia da tarxeta sanitaria, dúas fotos do neno/a e impreso de domiciliación bancaria.

powered by social2s