festassetembro.jpgEste domingo e o luns 17 celébranse as festas de Santa Margarida, a cita festeira de cada mes de setembro para despedir o verán en Negreira. Compre lembrar que o luns será festivo local.

 

O programa de actos depara para o domingo 16 a misa cantada, ás doce do mediodía na Capela do Cotón, dedicada á virxe das Dores. Ás sete da tarde celébrase o festival de bandas na praza do Concello coas actuacións da Banda de Música de Visantoña, a Banda de Calo e maila Banda Ateneo de Negreira. Pola noite actuará no campo da feira a orquestra Superfama para amenizar a verbena.

 

A xornada festiva do día de Santa Margarida comezará cos pasarrúas dos grupos de gaiteiros Veiga do Cotón e Os Jaitas Blue, seguidos da misa e procesión na honra a Santa Margarida, ás doce na igrexa parroquial de Negreira.

 

O gran colofón chegará ás dez da noite coa actuación da orquestra Olympus de Negreira, no campo da feira, dentro da xira do seu 20 aniversario. E os dous días de festa permanecerá instalada unha pulpeira no campo da festa.

powered by social2s