alcalde

M. ÁNGEL
LEIS
MÍGUEZ

Alcalde de Negreira

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Saúda do Alcalde

Como alcalde do Concello de Negreira e en representación da Corporación Municipal, douvos a benvida ao noso concello a través desta web, unha visita virtual que pon nas túas mans tódolos servizos e posibilidades que ofrece Negreira. É unha honra ser o voso alcalde, pero tamén unha gran responsabilidade que asumo a diario con toda a dedicación que merece o cargo, poñéndome á vosa disposición para tentar solucionar os problemas que poidan acontecer. Dende o equipo de goberno traballamos para reforzar e mellorar os servizos e infraestruturas públicas do noso concello, escoitando as demandas e mellorando así, a calidade de vida da nosa veciñanza.

 

Debemos apostar por servizos como os de conciliación, que levamos a cabo ao longo do ano e que facilita a vida laboral das familias para así seguir sumando poboación; os Servizos Sociais, a través de todos e cada un dos servizos terapéuticos que temos en marcha para coidar aos nosos maiores e facilitarlle o seu día a día como o programa de Rexuvenecemento Activo; ás nosas nenas e nenos, con servizos como a Unidade de Atención Temperá do cal estamos moi orgullosos da súa posta en marcha.

 

Por suposto non podemos deixar de lado sectores do noso concello tan importantes como o sector servizos, a hostalería e sobre todo o turismo que é un piar fundamental da economía de moitos veciños. Queremos unha Negreira para as persoas, cunha aposta pola humanización de rúas e prazas do noso casco urbano, mellora de parques infantís e actuacións continuas nas parroquias, cunha clara aposta de futuro pola modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que xa estamos realizando.

 

Somos un concello acolledor, cun gran patrimonio histórico e natural, onde se atopa un dos pobos máis bonitos de España, o de A Pontemaceira, lugar de paso e entrada ao noso concello para a realización do Camiño de Fisterra-Muxía e a través do cal vos invito a que nos visitedes, agradecendo, por suposto, aos meus veciños e veciñas, a súa hospitalidade e amabilidade de cara a todos vós.

 

Sempre seredes ben recibidos.

 

Manuel Ángel Leis Míguez

Alcalde de Negreira

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA