A nosa noraboa ao equipo do IES Xulián Magariños que por cuarta vez, gañou a fase final da competición do Club de Debate, promovida polos equipos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos, entre eles o Concello de Negreira que segue apostando forte no eido educativo e de formación.
O Pazo da Cultura de Pontevedra foi testemuña o pasado sábado, dunha xornada novamente enriquecedora para o grupo de mozos e mozas do IES Xulián Magariños que representando ao Concello de Negreira, gañaron por cuarta vez, a final da competición do Club de Debate en Galicia, na cal, todos os equipos debateron sobre: “Falamos a lingua que escollemos”. Final con maiúsculas, con todos os elementos dunha.
Nervos, rivalidade sá, tensión e emoción foron as claves desta final na que se impuxero os integrantes do equipo do instituto Xulian Magariños, formado por Carolina Cunqueiro, Lorena Golán, Lara López, Andrea Losada, Iria Sánchez, Pablo Suárez, Diego Suárez e Inés Tuñez, quenes estiveron acompañados pola súa coordinadora, María José García Merino, profesora do departamento de galego; e a súa preparadora Sara Porrit Marchena, ademáis da concelleira de Educación do Concello de Negreira, María Jesús Veiga Hortas e maila directora do centro, Clara Rodríguez, así como pais e nais dos estudantes.
No seu primeiro debate, tomaron a palabra Lara López expresando as refutacións e Pablo Suárez expoñendo a presentación e a conclusión, ambos na súa postura "a favor". Xa pola tarde, na quenda do equipo negreirés, as portavoces foron Inés Túñez coa presentación e conclusión, e Iria Sánchez, coas refutacións.
Non seria ata última hora, pasadas as seis e media da tarde, que o xurado acabou coas deliberacións e posterior anuncio dos resultados, onde o equipo do IES Xulián Magariños, acadaría a máxima puntuación.