O Concello de Negreira abre hoxe o prazo de presentación de traballos que opten ao XIII Concurso “Loita contra a violencia de xénero”, no que a través do Centro de Información á Muller (CIM), a mocidade menor de 18 anos pode entregálos ata o xoves 16 de novembro de 2023. Os traballos poden ser escritos tanto en galego como en castelán con tres modalidades: relatos curtos; cartaces gráficos e curtametraxes.
A temática das pezas será a loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións: física; psicolóxica; sexual; económica, ou estrutural; así como os efectos e consecuencias da mesma en todas as persoas que a sofren.
As persoas que resulten gañadoras recibirán un vale agasallo por importe de 100 euros a utilizar nalgún comercio de Negreira. Os traballos deben ser entregados no Centro de Información á Muller, facendo constar o nome, dirección e teléfono de contacto. Deben ser traballos inéditos e non premiados noutros certames.
Datos adxuntos:
- https://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/administracion/publicacions-oficiais/3318-bases-concurso-loita-contra