o atleta samuel lema 2

A undécima Gala do Deporte de Negreira premiou aos seus mellores deportistas e clubs nun evento social cargado de emotividade polos recoñecementos a título póstumo a Emilio Lira Díaz, ex xogador da SD Negreira, e a Jesús Andrade Patiño, quen fora concelleiro de Deportes entre 1987 e 1999 sendo o creador en 1988 das escolas deportivas, as segundas de Galicia, e dos que fixo unha semblanza quen fora alcalde de Negreira nesa época, José Manuel López Tuñas, amigo persoal de ambos. Exerceu de padriño de honra da gala, o ex futbolista do Real Club Deportivo da Coruña, Fran González.

 

o atleta samuel lema 1

 

O premio ao mellor deportista foi para o lanzador de peso pertencente ao Club Atletismo Negreira, Samuel Lema Capeáns, actual campión galego sub23 en pista cuberta e bronce absoluto. O de deportistas promesas foi para: Uxío Trillo Ferreiro, xogador infantil de fútbol e fútbol sala, e Aitana Capeáns Rey, lanzadora de peso. O de traxectoria deportiva foi para Luís Zarco e Abel Pérez, monitores desde hai 25 anos da escola municipal de fútbol sala. O de mellor club, para a Asociación de Kárate O Coto polos seus resultados durante o pasado ano en campionatos galegos e nacionais e, por último, o de colaboración co deporte foi para cervexaría O Cotón.

 

Participaron autoridades locais, co alcalde Manuel Ángel Leis Míguez á cabeza, así como o deputado provincial Antonio Leira; os alcaldes da Baña, Andrés García Cardeso e de Ames, Blas García, ou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Pablo Sanmartín. A gala contou coas actuacións artísticas da escola de hip hop, dirixida por Raquel Castillo; o malabarista Fran Boza e, a acróbata Johanna Hesse, da compañía Pista Catro.

 

 

Imaxes: ABRAHAM FOTÓGRAFAS

powered by social2s