O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, comunica a través dun novo Bando de Alcaldía, que se tomou a decisión de incrementar as restricións por mor da pandemia sanitaria no ámbito municipal, polo que ás anteriores limitacións vén de sumar dúas novas como consecuencia da entrada en vigor das novas restricións dictadas pola Xunta de Galicia.
Ademáis, lémbrase que seguen en vigor outras medidas adoptadas con datas anteriores:
1ª Suspensión de todas as actividades culturais e deportivas2ª Suspendidas todas as escolas deportivas e culturais3ª Pechadas as instalacións deportivas4ª Suspéndese temporalmente a feira dominical 5ª Suspéndense as clases presenciais da Escola Municipal de Música6ª Suspéndese o uso das instalacións culturais: Biblioteca e Aula de estudo
Solicitamos a toda a veciñanza que siga colaborando para facer fronte común ó virus, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, da Consellería de Sanidade e do Concello de Negreira.