app ponerse en forma

 Grupo BeOne e o Concello de Negreira poñen a disposición da veciñanza, unha aplicación en Internet gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa.

 

BeOne, xestora dos centros deportivos municipais de Brión e Ames, e o Concello de Negreira, chegan a un acordo para poñer ao alcance de todos os veciños unha aplicación para que poidan seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento. Na aplicación pódese ter acceso a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira.

 

Desde BeOne, explican que “non é o momento de volverse sedentario. A actividade física fainos estar máis sans e fortes e é crucial para aliviar a tensión que poida causar o confinamento”.

 

Por todo isto, BeOne e o Concello de Negreira abriron esta iniciativa a todos os veciños do municipio ofrecendo, de forma libre e gratuíta, a posibilidade de acceso á aplicación de BeOne.

 

Para iso só hai que rexistrarse na páxina web: beone.es/behome para obter as craves de acceso e empezar a gozar dunha vida activa e manterse en forma desde a casa.

 

Ademais, desde a conta de Instagram oficial de BeOne (beone_fitness_sport), impártense a diario clases en directo e en aberto de todo tipo de disciplinas: pilates, baile, tonificación... Ademáis, dispoñen de actividades orientadas ás familias e a persoas maiores.

powered by social2s