A Delegación de Cultura e Deportes e o Concello de Negreira, súmanse as condolencias á familia polo pasamento dun referente do atletismo e do deporte galego coma Alejandro Gómez Cabral. Vaise un dos máis importantes corredores dos últimos anos despois dunha longa enfermidade.

 

Negreira contou coa súa presenza en varias ocasións na Carreira Popular de Negreira "A Clásica", onde no ano 1993 conqueriu o primeiro posto, quedando o seu nome gravado no grupo de ilustres vencedores da proba atlética. No ano 2010 foi a súa derradeira participación, xa como veterano, acadando un 6º posto na clasificación xeral daquela edición, demostrando que aínda era un gran competidor.

 

Desgraciadamente nunca se lle recoñeceron os seus éxitos, quizáis porque o atletismo non acapara a atención mediática como outros deportes, pero dende logo foi un dos máis importantes atletas de España de todos os tempos.

 

Seguramente o galgo de "Zamáns" correrá moitas probas alá onde esté...

 

D. E. P.

 

 

 

powered by social2s