ritmica010618_2.jpgO Pavillón de Pedra Mámoa acolle este sábado a Fase Final do primeiro Torneo Interescolas, en horario de mañá, de 10 a 14 horas, e maila V Gala de Ximnasia Rítmica do Concello de Negreira, de 17.30 a 20 horas.

 

A Fase Final do I Torneo Interescolas é unha competición coa participación de ximnastas de diferentes escolas como a de Negreira, e maiormente, de municipios da provincia de Ourense, na cal celebráronse as tres fases previas en O Carballiño, Ourense e novamente en O Carballiño.

 

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela e o CEIP Os Tilos, participan nesta competición que naceu pola iniciativa do Club Marusia, con escolas en Ourense, O Carballiño e Ribadavia, da man do Club Rítmica Compostela e a colaboración dos Concellos do Carballiño, Ourense e Negreira. Participan arredor de 400 xóvenes ximnastas.

 

ritmica010618_1.jpg

 

Durante a tarde, e aproveitando esta Fase Final Interescolas, o pavillón de Pedra Mámoa vai a acoller a gala anual con preto de trescentas ximnastas de Negreira, Santiago, Teo ou Oroso. Pertencen á Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, o CEIP Os Tilos de Teo, do Colexio A Inmaculada, da Escola de Ximnasia Acrobática do Rítmica Compostela, do Ximnasio Squash Santiago, do Club Ximnasia Oroso, do Aeroclub Santiago, do Colexio A Salle, do Colexio Manuel Peleteiro e do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela.

powered by social2s