GC

A partir da medianoite do mércores 27 de xaneiro entran en vigor as novas restricións que afectarán ao conxunto da comunidade galega coma mínimo ata o 17 de febreiro. Todos os concellos quedan con feche perimetral e só se poderá sair por cuestións laborais, educativas ou sanitarias, tal e como decidiu o goberno da Xunta de Galicia.

 

A mobilidade restrinxirase por tanto ao municipio en que se resida. Prohíbense tamén as reunións de non conviventes. Só se poderá saír á rúa e estar con quen se conviva.


Pecha toda a hostalaría. Bares, cafeterías e restaurantes non poderán atender na terraza. Só poderán abrir para servir produto para levar ou para entrega a domicilio. E en canto á actividade comercial, aqueles que non sexan esenciais teñen que fechar ás seis da tarde. A medida afecta tamén aos establecementos de beleza coma as peruquerrías.


Aqueles servizos esenciais, coma farmacias, talleres e supermercados, manterán o seu horario máximo de apertura ata as nove e media da noite, media hora antes do toque de recollida xeral para toda a poboación.


No relativo á práctica deportiva federada e non federada, ésta deberá ser sempre individual e ao aire libre, e sempre con máscara, incluso para correr ao aire libre. O deporte sempre no concello no que se resida. Pechan os ximnasios e centros deportivos; unha medida que afecta á Piscina Climatizada de Pedra Mámoa que non terá actividade.


Outras medidas afectan ao feche de bibliotecas, museos e espectáculos. E seguirán interrompidas as visitas ós doentes, agás menores ou dependentes.
Lembramos ca no noso concello seguen en vigor outras medidas a nivel municipal como o fechamento das instalacións deportivas municipais, a suspensión de toda actividade deportiva e cultural do concello, e maila suspensión temporal da feira dominical.

powered by social2s