O departamento municipal de Servizos Sociais informa sobre as axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerábeis severos en risco de exclusión.

 

Requisitos

a.    Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b.    Ser o titular do contrato de subministración eléctrica. (Ás persoas en aluguer asístelles o dereito a solicitaren ser titulares das submnistracións da vivenda alugada)

c.      Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.

d.     Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais. InformeSocial_AUXS.pdf.

e.     Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

 

Documentación complementaria

1.     De ser o caso, autorización aos empregados públicos correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo III). Neste caso, deberá presentarse tamén o anexo II asinado polo solicitante.

2.     Certificado emitido polos servizos sociais de que o solicitante está en risco de exclusión social (anexo IV), salvo que sexa beneficiario da Risga e non se opoña á consulta.

3.     Documento acreditativo de ser beneficiario do bono social para consumidor vulnerable severo. Poderá acreditarse mediante copia dunha factura en que figure aplicado o desconto do 40 % do bono social para consumidores vulnerables severos.

4.     De ser o caso, título de familia numerosa (só no caso de que o dito título non fose expedido pola Xunta de Galicia).

 

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (23 de xaneiro) e rematará o 2 de novembro de 2021.

 

Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Negreira, no número de teléfono: 981 885 381; ou na web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal, ou no enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

powered by social2s