A Primavera Deportiva e Cultural 2019 abarcará os meses de abril, maio e xuño, onde destacan actividades como o Ciclo de Teatro, o Torneo Interescolar e maila Gala de Ximnasia Rítmica (sábado 4 e domingo 5 de maio); a VII Copa Akai Ryu de kárate (sábado 18 de maio); o quinto Triatlón Solidario (sábado 25 de maio), ou citas clásicas como o 27º Día da Muiñeira (sábado 1 de xuño); o concerto das Letras Galegas da Banda Ateneo (sábado 18 de maio), ou a festa de clausura das Escolas Deportivas, a tarde do sábado 11 de maio no Pavillón de Pedra Mámoa.
Son máis dunha trintena de actividades dun variado programa que ábrese o venres 5 de abril coa Fase de Zona do Club de Debate, onde participan equipos de Ferrol, Oleiros e por suposto, un equipo do IES Xulián Magariños, en representación local. E o domingo 7 de abril teremos unha Fase Intercomarcal de Xadrez, a partir das seis da tarde no Pavillón de Pedra Mámoa.
O sábado 13 de abril, teremos a representación da obra de teatro vertical ¨Alma, non é hipie¨, ás nove da noite no Auditorio, a cargo da Produtora Pistacatro que estivo de residencia técnica en Negreira.
O sábado 27 de abril comezará o Ciclo de Teatro, que nesta ocasión presenta seis propostas que inclúen dende teatro profesional ao afeccioado. Sempre en horario das nove da noite. Ibuprofeno Teatro abre o ciclo coa obra: ¨O Furancho¨, o día 27 e continuará o venres 3 de maio con Malasombra Teatro e a obra: "Bernarda". Para o 10 de maio teremos á Escola de Muros coa obra: "Lisístrata".
Entre as propostas culturais, salientar que na festividade das Letras Galegas (17 de maio), teremos a oportunidade de desfrutar do espectáculo folclórico ¨Raigame¨, da agrupación Ximiela, de Muros, no Auditorio do Centro Sociocultural.
A Primavera Deportiva-Cultural inclúe dúas citas específicas para os centros de ensino: O luns 8 de abril, ás once da mañá, teatro coa obra: ¨Languaje Planing¨, a cargo da compañía Os Quinquilláns; e o xoves 16 de maio, ás 11:30 horas para o colexio O Coto, con Malasombra Teatro: ¨A historia de Galicia¨. Ambas citas terán lugar no Auditorio.
Consulta aquí toda a programación: