FotoLlega700 peque

As operadoras de telefonía móbil continúan a ofrecer en Negreira servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz. Esta nova tecnoloxía permitirá á veciñanza gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.

 

As tres principais operadoras de telefonía móbil: Movistar; Vodafone e Orange, avanzan que nas vindeiras semanas realizarán o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á cidadanía gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

 

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

 

Principais vantaxes

Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións,ademais de proporcionarsignificativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

 

Compatibilidade

De cara a garantir a compatibilidade, Llega700 presta unha serie de servizos gratuitos tales como un procedemento correctivo tralo acendido das estacións, polo cal Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados, xestionando e resolvendo posibles afectacións sen coste algún.

 

Para xestionar estes servizos, están a disposición dos cidadáns un número de teléfono de atención gratuito (900 833 999) e unha páxina web: www.llega700.es

 

Attachments:
Download this file (FotoLlega700.jpg)FotoLlega700.jpg
powered by social2s