obradoiro emprego dual reacciona negreira

Infórmase da próxima realización dun novo obradoiro de emprego dual, que ten ao Concello de Santa Comba coma promotor, cando aos de Negreira, Val do Dubra e A Baña; sendo beneficiarios dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade, e dirixido a persoas maiores de 18 anos. En total serán 20 alumnos/as traballadores/as distribuídos nas seguintes especialidades formativas: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardineiría (AGAO0108) con 10 alumnos/as e, o de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209), para 10 alumnos/as.

 

Este programa de emprego vai ter unha duración de 12 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego de Coruña-Tornos, onde serán preseleccionadas aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego; e teñan solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego (340), e outros programas de emprego en formación dual (370) e 699 suspensión específica programas experimentais de emprego.

 

A veciñanza de Negreira interesada en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

 

- Na propia oficina, pedindo cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia

 

Mais información nos servizos de emprego dos concellos participantes.

powered by social2s