Ante as numerosas queixas veciñais e a actitude incívica dalgúns/as propietarios/as de animais no referente as deposicións dos mesmos na vía pública, xardíns, parques infantis, zonas de ocio ou incluso instalacións deportivas, recordamos a veciñanza a obriga de recollelos e limpar inmediatamente a zona afectada, incluindo farolas maceteiros, portais de vivendas ou de locais comerciais, ( artigo 11, REGULAMENTO DE MEDIO AMBIENTE, DE LIMPEZA PÚBLICA E RECOLLIDA DO LIXO do CONCELLO DE NEGREIRA):

 

· Os animais deben percorrer a vía pública e outros espazos, atados e con bozal si é o caso, dependendo da normativa ó respeto.
· A identificación do animal mediante microchip é obrigatoria nos primeiros tres meses de vida ou un mes despois da súa adquisición.
· O propietario/a ten a obriga de ter sempre a disposición todo o material necesario para a recollida das deposicións, incluida auga para limpar a zona usada.
· A exposición á veciñanza de ditos excrementos, pode xerar un risco para a saúde, polo que compre evitalo.
· As infraccións leves, como neste caso, poderán ser sancionadas con apercibimento e multa de ata 750 euros.

 

Polo tanto apelamos unha vez máis a colaboración da veciñanza para manter un pobo limpo, tendo así unha mellor convivencia en Negreira.

 

Para iso comezaremos cunha campaña de control e vixilancia por parte da Policía Local nos vindeiros días.

Attachments:
Download this file (Nota informativa.pdf)Nota informativa.pdf
powered by social2s