Foto web.jpgDo 5 ao 11 de abril, a Escola Municipal de Música do Concello de Negreira levará a cabo unha serie de xornadas de portas abertas achegando a escola a toda a veciñanza.

 

Estas xornadas comezarán o venres 5 de abril, ás 18:00 horas cunha audición de frauta, guitarra e percusión, na Aula 3; e seguirán o luns 8 ás 17:30 horas no Auditorio cunha audición de saxofón, clarinete e canto. O martes 9 ás seis da tarde terá lugar unha audición de metáis, no auditorio da Casa da Cultura.

 

As dúas últimas xornadas, o mércores 10 celebrarase unha audición do alumnado de iniciación musical, piano e gaita, a partir das cinco da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, mentres que o xoves 11 ás 18:30 horas será a quenda dos alumnos de violín e alumnos de intercambio da escola de Boiro.

 

Curso de composición

 

A Escola Municipal de Música promove a súa vez, un curso de composición que será impartido polo prestixioso mestre Andrés Valero - Castells, os días 29 e 30 de xuño, en horario de 10 a 14, e de 16 a 20 horas, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Máis información e matricula na seguinte ligazón:

 

https://www.esmusnegreira.com/cursos

 

Foto música.jpg

powered by social2s