Presentación

Negreira é un municipio galego que se encontra ó oeste de Santiago de Compostela. Linda ó leste co Concello de Ames, ó sur co Concello de Brión, Noia e Outes, ó oeste linda con Outes e Mazaricos e ó norte con A Baña e Santa Comba.

Ten 115,3 km² e unha poboación de 6.519 habitantes INE 2005, densidade: 56,54 hab./km2 distribuídos en aldeas, repartidas en 18 parroquias.

Sobre o río Tambre, a vila de Negreira ocupa unha situación estratéxica entre o que foi a gran vía per loca maritima -que, dende Grandimirun Brandomil, leva a Aquis Celenis Caldas de Rei- e a vía fluvial do Tambre, que comunica as comarcas do centro de Galicia cas costeiras de Noia. Asentada no valle de A Barcala, é hoxe o centro comercial dunha comarca que mantén a vila con un movemento demográfico positivo.