Dirixido a familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 12 anos, o Campamento Urbano Respira que se levará a cabo durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá, abre a súa inscrición con prazas limitadas.
Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios recollidos no Regulamento do Campamento Urbano Respira (BOP 7 de maio de 2021):
1º . Familias con menores empadroados no concello de Negreira2º. Familias que aporten informe social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.3º. Familias numerosas4º . Familias monoparentais5º. Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero6º. Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no concello de Negreira
O campamento abarca desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, podendo as familias elixir as quendas que necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira co seu correspondente prezo público recollido na ordenanza (BOP 19 de maio de 2021):
1ª quenda: 1 ao 15 de xullo2ª quenda: 16 ao 31 de xullo3ª quenda: 1 ao 15 de agosto4ª quenda: 16 ao 31 de agosto
Prezo público
-80€/mes-40€/quincena-5€/día
O horario do campamento será de 8:30 a 14:30 horas. Exención e bonificación.
Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:
1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.
2.- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.
Documentación a aportar:
- Modelo normalizado de ficha de inscrición.- DNI dos responsables do menor.- Libro de Familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.
- Tarxeta sanitaria do/a menor.- Declaración IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.
- Xustificante bancario de ingreso do prezo público.
O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.
O desenvolvemento do campamento estará suxeito en todo momento á evolución da situación epidemiolóxica por mor do COVID-19.
As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Negreira, na rúa do Carme, 3 baixo. Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira (C.I.M), solicitando cita previa no número de teléfono 981 886320/662 370 448, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 28 de maio ao 7 de xuño.