balnarios2.jpg

Convócanse un total de 1.204 prazas para para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2023, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV. Corrección de erros (DOG nº 183 do 26/9/2023). Corrixe a quenda do balneario Baños de Brea, do 4 ao 13 de novembro (en lugar de "do 4 ao 11 de novembro")

En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.

 

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

a.  Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b.  Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c.  Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.

d.  Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e.  Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f.   Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

 

Acompañantes

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

1.  O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)

2.  Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a).

3.  Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

 

As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes: un mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o día 18 de outubro de 2023.

Para máis información, no Departamento de Servizos Sociais (Casa do Concello), na rúa do Carme, 3 baixo. Teléfono de contacto: 981 885 381.

 

powered by social2s