nadal de conciliacion para as familias

O Concello de Negreira informa da apertura do prazo de inscrición para o programa Nadal-lúdico 2022-2023sendo este do 1 ao 9 de decembro, ambos inclusive. Promovido polo Concello de Negreira, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), está dirixido aos menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, ofrecéndose un tempo de ocio de calidade para as nenas e nenos de Negreira ao mesmo tempo que favorece a conciliación familiar e laboral nos períodos vacacionais.

Nesta convocatoria 2022/2023, desenvolverase nas instalacións do Centro Sociocultural, durante o período de vacacións escolares de Nadal, o período que abrangue dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos inclusive (23, 26, 27, 28, 29, e 30 de decembro de 2022 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023), en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Este programa ten prazas limitadas, polo que para a adxudicación das mesmas terase en conta a súa orde de inscricióncunha prioridade de inscrición daquelas familias que atendan aos seguintes criterios, recollidos no Regulamento Negreira Concilia (BOP de A Coruña do 7 de maio de 2021):

1º criterio: Familias con menores empadroados no Concello de Negreira.
2º criterio: Familias que aporten informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
3º criterio: Familias numerosas.
4º criterio: Familias monoparentais.
5º criterio: Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
6º criterio: Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no Concello de Negreira.

documentación a aportar, será a seguinte:

- Modelo normalizado da ficha de inscrición.
- DNI das persoas responsables.
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.
- Copia da tarxeta sanitaria da persoa participante.
- Acreditación da situación laboral das persoas proxenitoras ou titores legais
- Acreditación da situación de preferencia de inscrición, atendendo aos criterios de adxudicación de prazas.
- Xustificante bancario do aboamento das taxas da actividade.

O custe da actividade son 50 € por persoa participante (nº de conta bancaria BANCO SABADELL ES15 0081 2153 24 0001046411).

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse as seguintes bonificacións:

1.- Exención de pagamento: acreditarase mediante a emisión dun Informe Social do Departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo.

2.- Redución por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, a/o segunda/o irmá/n e sucesivos terán un desconto dun 50% na cota.

O persoal técnico responsable do servizo, poderá requirir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

As solicitudes deberán presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello ou na súa sede electrónica (https://sede.concellodenegreira.es/sxc/es/sobrelasede/registro_telematico/).

Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira, tanto presencial como telefonicamente nos números de teléfono 981 886 320/881 035 154, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e de luns a venres.

powered by social2s