Na fin de semana, do 2 ao 4 de setembro, vaise a levar a cabo a décimo quinta Feira do Románico na contorna do Pazo do Cotón. É por isto a partir do xoves día 1 as 13.00 h, a Carreira de San Mauro quedará cortada ao trafico por motivos de organización e haberá desvíos alternativos pola Abeanca, A Chancela e Vilachán de Abaixo. Así mesmo, tamén comezarán os traballos de decoración das rúas e do mercado.
As principais zonas da vila as que afecta a feira son a Carreira de San Mauro e Rúa do Carme onde se emprazaran as tendas de artesanía. Na Praza do Concello estarán a zona infantil así como a tirolina. A zona da Capela do Cotón e ao Campo da Feira resérvanse para os espectáculos e demostracións, e a espalnada do IES Xulián Magariños para o Gran Torneo Medieval.
A celebración comezará o venres as 18:00h con actividades variadas, cetrería e unha Queimada Popular e Danzas Medievais programado para as dez da noite na Praza do Cotón.
Para o sábado ás doce do mediodía cando as autoridades locais e a Corporación Municipal inauguren de maneira oficial á Feira do Románico, xusto antes dos espectáculos e acrobacias de Malatich que estará na Praza do Cotón á unha e cuarto. Pola tarde, repetirá no mesmo lugar para ofrecer unha sesión de malabares e acrobacias dirixida aos máis pequenos da familia ás sete e media. Unha hora máis tarde, o campo da feira acollerá unha das citas máis importantes do Románico: o gran combate medieval a mans da compañía Hípica Celta. Pola noite, o espectáculo de Suaren Bataila e a pirotecnia pechará a xornada as 12 da noite.
O domingo a feira abre ás once con máis pasarúas da man de Turdión e Hípica Celta. O ambiente medieval continuará ás doce coas actuación musicais e as acrobacias de Malatich, que se estenderán ata as sete e media. Ás 13:00h e a 20:00h o Gran combate Medieval será un dos platos fortes da Feira, na explanada do IES Xulián Magariños. Para rematar, teatro a pé de rúa con Troula Animación e a mostra “Sub-Umbra”.