emprego16082023

Os Concellos de Negreira, Santa Comba, Val do Dubra e A Baña participarán nun programa de emprego destinado a mozos e mozas menores de 30 anos, incluídos no sistema nacional de garantía xuvenil. O concello promotor será o de Val do Dubra, ao ser beneficiario da subvención da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para un total de 16 persoas.

 

Haberá dúas especialidades formativas que serán a de Atención Socio Sanitaria e a de Dinamización de Actividades de Tempo Libre, Educación Infantil e Xuvenil, ambas con 8 prazas.

 

O programa ten un ano de duración e a preselección efectuarase entre os rexistrados no sistema de garantía xuvenil que demanden participar, ou ben inscribíndose na oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.

 

Os interesados poden solicitar máis información nos seus respectivos concellos.

powered by social2s