O Concello de Negreira mantén operativo dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, un servizo de voluntariado de atención á cidadanía que pon a disposición das persoas maiores, dependentes e as máis vulnerables, a entrega no domicilio de alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade.

 

Para acceder ao servizo de voluntariado de atención cidadá, a veciñanza debe contactar co número de teléfono 664 074 674 (de 9:00 a 14:00 horas), ou no 673 359 936 a partir das 14:00 horas en diante. Este servizo foi posto en marcha o pasado 16 de marzo e, a diario, os voluntarios seguen garantindo ás necesidades da nosa veciñanza.

 

Asemesmo, tamén mantemos en activo o servizo de impresión de tarefas escolares e reparto a domicilio para as familias que carezan de medios para a impresión de fichas e traballos, ou mesmo acceso á rede de Internet. Os traballos deben enviarse ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Débese especificar un enderezo postal e un número de teléfono de contacto e levarémoscho á casa.

 

Dende o Concello tamén se ofrece a posibilidade de entregar máscaras a aquelas persoas que teñan que desprazarse por temas sanitarios, ou causas de forza maior e, que non dispoñan deste tipo de material de protección. As persoas que precisen de máscaras deben de chamar ao número de teléfono: 673 359 936.

 

E dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM), ofrécese un servizo de atención psicolóxica a aquelas persoas que se atopen soas no seu domicilio ou que precisen de atención nesta crise sanitaria. Dispoñen do número de teléfono: 662 370 448 e do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Este servizo tamén ofrece asesoramento xurídico.

 

Servizo de pernocta

O Concello de Negreira tamén ofrece a transportistas, un servizo de pernocta para quenes desexen asearse e descansar unha noite para continuar co seu traballo diario, durante o estado de alarma polo Covid-19. As persoas interesadas deben contactar co número de teléfono: 673 359 896 en horario de 9:00 a 24:00 horas, en agradecemento ao seu traballo e debido ao peche de áreas de servizo.

 

powered by social2s