CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Cultura Romana

Avanzando na historia, nestes lares tamén se atoparon restos da cultura romana. Outra vez, na parroquia de Logrosa, encontráronse en 1876, excepto unha última de 1958, cinco inscricións romanas en granito, dúas posiblemente dedicadas a Xúpiter e unha funeraria. Todas estas reliquias pódense visitar no Museo do Pobo Galego. Desta xeira da romanización, asemade, a área nicrariense situábase na zona de paso da vía Per loca marítima Nicraria Tamara, calzada romana de vinte e tres millas que, dende Caldas de Reis conducía a Brandomil, lugar de explotación mineira.

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA