A fin de semana, do 3 ao 5 de setembro, Negreira celebra a súa décimo cuarta Feira do Románico na contorna do Pazo do Cotón. É por isto a partir do xoves día 2 as 13.00 h, a Carreira de San Mauro quedará cortada ao trafico por motivos de organización e haberá desvíos alternativos pola Abeanca, A Chancela e Vilachán de Abaixo. Así mesmo, tamén comezarán os traballos de decoración das rúas e do mercado.

 

As principais zonas da vila as que afecta a feira son a Carreira de San Mauro e Rúa do Carme onde se emprazaran as tendas de artesanía. Na Praza do Concello estarán a zona infantil así como a tirolina. A zona da Capela do Cotón e ao Campo da Feira resérvanse para os espectáculos e demostracións.

 

Será esta unha edición onde o protocolo establecido pola Covid estará moi presente, polo que se fai un chamamento aos visitantes para que sigan as normativas e recomendacións sanitarias como o uso de mascarillas e distancia interpersoal.

 

A celebración comezará o venres as 18:00h con actividades variadas e un gran espectáculo de lume na praza do Cotón denominado “ A Forza da Queimada” programado no campo da feira para ás dez da mandos especialistas Hípica Celta.

 

Para o sábado ás doce do mediodía cando as autoridades locais e a Corporación Municipal inauguren de maneira oficial á Feira do Románico, xusto antes dos espectáculos e acrobacias de Cuca Cantillo que estará na Praza do Cotón á unha. Pola tarde, o Fakir “Flakin” ocupará o mesmo lugar para ofrecer unha sesión de malabares e humor dirixida aos máis pequenos da familia ás sete e media. Unha hora máis tarde, o campo da feira acollerá unha das citas máis importantes do Románico: o gran combate medieval a mans da compañía Hípica Celta. Pola noite, batucada “Olodum do Coio” de Grimorium e mostras de pirotecnia por Asaco Circo na praza do Cotón a partir das dez e cuarto.

 

O domingo a feira abre ás once con máis pasarúas da man de Turdión e Hípica Celta. O ambiente medieval continuará ás doce coa actuación musical “Canta Compaña” na Capela e as acrobacias de Cuca Cantill, que se estenderán ata as sete e media. Para rematar, teatro a pé de rúa con Troula Animación e a mostra “Errantes”.

powered by social2s