pel1619.jpgA Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2018 un orzamento de 2,8 millóns de euros para apoiar aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, na contratación de veciños/as desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

 

As asignacións económicas que corresponden a cada concello, oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio. Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios poden financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

 

Ao noso concello correspóndenlle 46.000 euros para a contratación por un período de cinco meses de seis traballadores:

- 3 xardiñeiros

- 2 oficiais

- 1 peón

 

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral, a selección dos traballadores por parte do persoal técnico do Concello de Negreira levarase a cabo con entrevistas, o xoves 30 e venres 31 de maio, nas dependencias da Casa do Concello, polo que xa están a ser avisados os candidatos/as a ditos postos.

 

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

 

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

powered by social2s