As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), Cero negativo(0-) e A positivo (A+) permanecen en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) atópanse en nivel normal, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ( ADOS).
ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.
Co fin de facilitar a doazón, este luns, 13 de maio, ADOS desprazará unidades móbiles a varios municipios galegos, entre eles, Negreira, que estará diante do Centro de Saúde pola tarde, de 15:30 a 21:00.