DSC 2899

Trátase de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do programa Respiro familiar, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras para o exercicio 2023 e convocadas pola Xunta de Galicia.

 

Modalidades

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados. A través desta modalidade, prevista para dar resposta ás demandas concretas das familias por espazos de tempo definidos e non moi longos, prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade co obxectivo de manter estas persoas no seu domicilio e ofertar ao seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para cubrir as súas necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.

 

Contía da axuda:

Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano, que se fará efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa

 

2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención no centro de día para atender as necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados.

O obxectivo desta modalidade é atender a persoa dependente, con discapacidade ou con necesidade de terceiros para as AVD no centro de día e ofertarlle ao/á seu/súa coidador/a habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para cubrir as súas necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións subvencionables, cun máximo de 1.000 euros por persoa beneficiaria/ano, que se fará efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.

 

3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Axuda para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados.

Serán as persoas coidadoras solicitantes da subvención as que aboen o importe total da estadía que hai que pagar.

Para dar resposta á necesidade de descanso da persoa coidadora, esta modalidade prevé a posibilidade de que a persoa en situación de dependencia ou con discapacidade poida acceder temporalmente a un centro residencial dotado dos recursos necesarios para prestarlle unha atención integral.

 

Contía da axuda

Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación anterior cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano, que se fará efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2023 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2023.

 

Beneficiarios 

Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

Requisitos para acceder á subvención

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:

1. Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na C.A. de Galicia.

2. Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:

1 - Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %

2 - Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.

3 - Que a persoa a que se atende presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

Prazo

Ata o 30 de outubro de 2023

 

Solicitudes

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS614B

 

powered by social2s