turismo061118.jpgDende o 7 de maio até o 15 de outubro deste ano pasaron polo Punto de Información Turística do Concello de Negreira, un total de 7.440 persoas. Non é nin moito menos o número real de turistas nin peregrinos que chegan a Negreira, pois só unha mínima parte pasa por este punto informativo.

 

Destas 7.440 persoas, compre dicir que 3.398 foron cidadáns españois; 923 italianos; 566 de Alemaña; 489 franceses, e 447 portugueses, segundo os datos rexistrados polo persoal que atendeu este punto informativo dende maio a outubro.

 

A continuación detallamos mes a mes o número de persoas que realizaron consultas:

Maio – 905 dos que 873 era a primeira vez (96,46%)

Xuño – 1.091 dos que 1.045 era a súa primeira vez (95,78%)

Xullo – 1.255 dos que 1.187 era a súa primeira vez (94,58%)

Agosto – 1.857 dos que 1.826 era a primeira vez (98,33%)

Setembro – 1.531 dos que 1.495 era a primeira vez (97,65%)

Outubro – 801 dos que 772 foi a súa primeira vez (96,38%)

 

En canto aos principais motivos de consulta, a información sobre o Camiño de Fisterra, aloxamento específico e mailo selo do peregrinos, foron por esta orde os que coparon o interese dos visitantes que se achegaron polo Punto de Información, xunto co aloxamento xeral e servizos como supermercados.

powered by social2s