A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), vén de iniciar a campaña “Súmate ao noso equipo” que abrangue os meses de xuño a setembro e que ten como principal obxectivo obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. Esta cifra é constante todos os días do ano e coas doazóns obtidas garántese o axeitado desenvolvemento do intenso labor dos hospitais galegos grazas á solidariedade e xenerosidade de toda a cidadanía.
Con esta campaña de verán, a máis longa de todas cantas realiza ao cabo do ano ADOS, tentase chegar a meirande parte dos concellos de Galicia e aproximar o solidario xesto da doazón a todos os galegos e galegas. En Negreira, unha unidade móbil desprazarse o martes 29 de xuño, en horario de 9:45 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Como é habitual permanecerá estacionada diante do Centro de Saúde.
Ademais, ADOS mantén operativos os seus sete locais de atención permanente nas sete grandes cidades galegas para, deste xeito, ofrecer as máximas facilidades e o mellor servizo a todos os doantes de sangue.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas. Recoméndase á cidadanía que solicite cita previa no número de ADOS: 900 100 828.