Este domingo 15 comezan as actividades do programa de Nadal en Negreira co Festival da Escola Municipal de Teatro, ás seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, coas representacións dos distintos grupos da escola que dirixe Sandra Lesta:

 

- Uvas 2020 - alumnos de Infantil e 1º Primaria

 

- Tendas navideñas - usuarios da Fundación de Discapacitados

 

- O espíritu navideño - alumnos de 2º de Primaria

 

- Axentes do Nadal - alumnos de 3º e 4º de Primaria

 

- Fin de ano en Lugo e Badulaque - de 5º e 6º de Primaria

 

 - Contos de Nadal (Charles Dickens) - alumnos de Secundaria

 

 

O mércores 18 teremos a Videoconferencia con Papá Noel, ás 13 horas no Telecentro, e pola tarde, a partir das 18:30 horas o acto do fallo do oitavo Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, no Auditorio. Actuará o grupo Oîma.

 

O venres 20 teremos a visita de Papá Noel á Escola Infantil Municipal, ás 12 horas, e videoconferencia con Papá Noel, no Telecentro, así como a Audición da Escola de Música, ás 18:30 horas no Auditorio; seguida ás 21 horas da segunda Gala de Fútbol de ADN.

 

O sábado 21 pola tarde, dende as 18 horas e no Auditorio, celébrase o vixésimo noveno Gran Festival de Nadal, con entrada de balde.

 

O domingo 22 pola mañá, de 11 a 13 horas na Casa da Cultura, teremos o Torneo de Xadrez do Nadal.

powered by social2s