A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos que se localizan na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, que poderán optar a unha subvención de ata 25.000 euros por inmoble.
Este programa de incentivos beneficia á veciñanza dos 126 concellos que se integran nunha das nove rutas desta área supramunicipal e, está dotado dun orzamento de 725.722 euros.As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade.
O prazo vai a estar aberto ata o día 30 de setembro.
Consulta as bases e formularios da solicitude:https://www.xunta.gal/.../AnuncioC3Q2-231221-0001_gl.html