A unidade móbil de doazón de sangue vaise a desprazar a Negreira, este luns, día 6 de abril, en horario de 9:30 a 14:30, e de 16:00 a 21:00 horas, permanecendo estacionada diante do Centro de Saúde.

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos.

 

O seu traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias.

 

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

 

Agradecemos a constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.

 

powered by social2s