Foto principal.JPG

Con motivo da XLII Carreira Internacional “A Clásica” de Negreira, este domingo día 5 de novembro, infórmase á cidadanía e visitantes, dos cortes e rúas con limitacións pola celebración do evento, así como as zonas onde quedará prohibido estacionar dende a tarde do sábado.

 

A principal recomendación é non intentar acceder con coches ao centro urbano o domingo, a partir das 09:30 horas. Se o fan, eviten as zonas afectadas para non sufrir longas esperas. Para os residentes no centro de Negreira, a recomendación é non usar o coche e se precisan desprazarse por traballo e outras razóns, fágano antes das 09:30 horas.

 

A qué horas?

O circuito homologado de 5.000 metros para as carreiras de adultos 5K e 10K permanecerá pechado ao tráfico entre as 10:00 e as 13:00 horas.

 

Zonas afectadas

Con saída da rúa de Castelao, continúa polo instituto Xulián Magariños, parte alta de Rosalía de Castro, avenida das Brañas, rotonda de Ceilán –só un carril-, Pedra Mámoa, Cobas, parque empresarial, avenida de Barcala, rúa da Cachurra, rúa do Carme e chegada de novo a rúa de Castelao.

 

Rúas cortadas

Totalmente cortadas estarán a rúa do Carme, a rúa de Castelao e maila contorna do instituto Xulián Magariños.

 

Prohibido aparcar

Dende a tarde do sábado día 4 non se poderá estacionar na rúa de Castelao, na rúa do Carme, e maila marxe esquerda da rúa da Cachurra e a contorna do IES Xulián Magariños.

 

Entradas a Negreira

Estarán afectadas polas carreiras 5K e 10K, a partir das 09:45 horas, a entrada dende A Baña e a Variante –rotonda de Ceilán-, a través da avenida das Brañas, e maila avenida de Barcala dende a intersección do parque empresarial de Cobas.

 

Zonas libres

Totalmente libres ao tráfico permanecerán as entradas polas estradas provinciais do Marco do Cornado, Pontenafonso e Urdilde –zona do campo da feira-, e maila avenida de Santiago. Neste caso, estará prohibido o xiro á dereita de subida pola rúa Fonte do Carme, desde a rotonda da fonte das vacas, polo que recoméndase aos condutores non intentar acceder ao centro urbano por esa zona.

 

Percorrido.jpg

 

powered by social2s