O xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, na provincia da Coruña, Isidoro Martínez Arca, asistía hoxe na Casa da Cultura de Negreira, á inauguración oficial do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, acompañado polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; da Baña, Andrés García Cardeso; a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e mailo concelleiro dubrés, Óscar Blanco Tasende, responsábel da área de Deportes e Mocidade.
O Obradoiro está en operativo dende o pasado venres 2 de novembro, na súa sé, na Casa da Cultura, cun período de formación e traballo de nove meses, no que participan 20 persoas dos catro concellos. Oito, fano na rama de ¨Promoción turística local e información ao visitante¨, e doce, na de ¨Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción¨.
Separadamente da aprendizaxe, as prácticas do módulo de construcción servirán para desenvolver distintas melloras:
- Actuacións de mellora no Centro de Formación Escola-Obradoiro en Santa Comba.
- Actuacións de mellora na Casa da Cultura de Val do Dubra.
- Actuacións de mellora na Gardería de Val do Dubra.
- Actuacións de mellora no Centro de Formación de Val do Dubra.
- Actuacións de mellora no local social de Corneira na Baña.
- Actuacións de mellora no local social e antiga escola parroquial de Ordoeste na Baña.
- Actuacións de mellora Mantemento do local social de Campolongo en Negreira.
- Mantemento da fachada da Casa da Cultura en Negreira.
- Realización de beirarrúas da zona de Campos a Pedra Mamoa en Negreira.
- Mantemento do local social de Cobas en Negreira.