somos criminais 1

A adaptación audiovisual do espectáculo “Somos criminais”, de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poderase ver este venres 26 de marzo no Auditorio do Centro Sociocultural, ás 20:30 h, coincidindo cos actos da Semana do Cinema Galego, como antesala aos premios "Mestre Mateo 2021", cuxa cerimonia terá lugar o 10 de abril no Teatro Colón de A Coruña.

 

Somos criminais é o espectáculo co maior número de entradas vendidas na historia do teatro galego, chegará a Negreira como filme da exitosa obra. O famoso espectáculo adaptouse ás novas circunstancias actuais, tendo que facer esta proposta para poder realizarse en todos os Concellos de Galicia, a pesar das restriccións.

 

Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco son dous dos cómicos máis importantes de Galícia. Despois de bater record de venda con máis de 100.000 entradas vendidas en dous anos, con seu espectáculo teatral «Somos criminais«, logrando encher os teatros como o de Negreira no ano 2018.

 

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán enténdense e o público sabe valoralo. Dous cómicos de xeracións diferentes, pero con moitas cousas en común. Grandes entendedores dunha forma de ver a vida, que non por tópica deixa de gardar unha parte enorme de realidade.

 

Sinopse

No seu espectáculo, Blanco e Touriñán falarán sobre Galicia e as súas xentes. ¿Temos unha cultura criminal propia? ¿Delinquimos como galegos?....Para responder a estas preguntas, os dous artistas e humoristas analizan e dramatizan crímenes autóctonos en todas as súas variables, dende o crímen por “arroutada” ata o crimen por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar a causa das herdanzas, ou as oríxes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos criminais.

powered by social2s