TF

De cara a solucionar os graves problemas de inundacións en garaxes e desviar as augas pluviais recollidas da praza das Brañas cara cotas máis baixas, este luns 25 de xaneiro comezaron os agardados traballos que executa o Concello de Negreira na rúa Teresa Fabeiro. Tamén se van a solventar os problemas na deficiente rede de saneamento de augas residuais que afectan ao CEIP O Coto.

 

Os traballos que rematarán co reasfaltado da capa de rodadura con aglomerado en quente, contan cun orzamento de 191.406 euros con financiación da Deputación da Coruña e o Concello, obrigan a unha serie de restricións do tráfico rodado que afectan a toda a rúa que permanecerá cortada á circulación, agás residentes e servizos, e está prohibido estacionar na marxe esquerda. As obras tamén afectan á rúa entre o instituto Xulián Magariños e o colexio do Coto.

 

O Concello de Negreira prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. O prazo de execución das obras é dun mes.

powered by social2s