Aprobada definitivamente a nova Ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais en relación coas operacións de saca de madeira, compre informar á veciñanza e empresas madeireiras.
Ten por obxecto a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais, fronte os danos que se poidan producir como consecuencia da saca de madeira. Así, é obrigatoria a comunicación previa no Rexistro Xeral do Concello, cunha serie de requisitos que poden consultarse na propia ordenanza ou na web do Concello de Negreira, tales como: datos da empresa; datos da finca; SRC, ou mesmo a data de inicio e fin da operación.
Dita comunicación farase como mínimo 15 días hábiles antes do día que os madeireiros teñan pensado comezar coa corta e extracción da madeira. Ademais, farase a comprobación da documentación, e unha vez que esté todo correcto, as empresas terán que depositar un aval ou garantía.
De non cumprir estes requisitos, poderán ser sancionados con multas dun importe de ata 3.000 euros, así como a obrigación de reparar os danos causados, unha vez emitidos os informes pertinentes