Despois de 12 meses de formación e traballo, hoxe tiña lugar a clausura do programa de emprego Mocidade 2020, promovido dende o Concello de Negreira, en colaboración cos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra; coa formación e aprendizaxe de 16 alumnos/as – traballadores/as.

 

Con 45 actuacións programadas nos catro concellos participantes; fóronse combinando cos módulos de formación teórica e práctica de ambos certificados de profesionalidade nas especialidades de: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, e Fábricas de albanelería. O alumnado puido completar a súa formación realizando un curso de condución de carretillas elevadoras que foi sufragado polos catro concellos.

O proxecto que contou cunha achega económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, de 369.492 euros, dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil; estivo confinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

 

A súa clausura acudiron os alcaldes/as e concelleiros/as, de Negreira, Val do Dubra, Santa Comba e A Baña, quenes no mes de outubro inician un novo programa de emprego dual, sendo o seu promotor o Concello de Val do Dubra nas especialidades de: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, e cuxo prazo para anotarse na Oficina de Emprego Santiago Norte remata este xoves 30 de setembro.

powered by social2s

O Concello de Negreira promove un ano máis o programa de mobilidade transnacional Galeuropa. A través del a mocidade poderá facer prácticas formativas non remuneradas 100% subvencionadas en empresas do Reino Unido.

 

A iniciativa está destinada a mozos e mozas de menos de 30 anos inscritas no Sistema de Garatía Xuvenil. Ofértanse 10 prazas entre os concellos de Negreira e Val do Dubra, co que existe un convenio de colaboración.

 

A duración estimada é de 3 meses e a axuda cubre todos os gastos de viaxe, aloxamento, manutención e seguros, así como cursos formativos en inglés e orientación laboral.

 

O prazo de inscrición remata o 3 de Agosto. Para anotarse ou obter máis información deben poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello de Negreira (teléfonos 881.035.150 / 881.035.162).

 

Poden consultarse as bases completas pinchando na seguinte ligazón: Galeuropa 2018 ou Bases

powered by social2s

Listado definitivo de admitidos e excluídos así como as puntuacións das persoas que se presentaron ao proceso de selección para formar parte da brigada de defensa e extinción de incendios.

powered by social2s

Oferta asesoria

Ofértase posto de empregado/a de asesoría - xestoría con titulación universitaria en Dereito, ADE ou Relacións Laborais e inscrito no SPEG. As persoas interesadas deben dirixirse ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira acompañados/as dun CV.

Attachments:
Download this file (Oferta-asesoria.pdf)Oferta-asesoria.pdf
powered by social2s

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA O PROCESO SELECTIVO CORRESPONDENTE Á BRIGADA DE INCENDIOS 2017.pdf

powered by social2s