A programación da Primavera Deportiva e Cultural do Concello de Negreira achega este venres 17 de maio, festividade das Letras Galegas, o espectáculo Raigame, a cargo da Agrupación de Folclóre Galego Ximiela, de Louro (Muros). A cita é a partir das 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural e as entradas pódense retirar en venda anticipada por 3 euros na Delegación de Cultura, en horario de mañás.
Raigame é un espectáculo de 2 horas de duración, no que participan 64 músicos e bailaríns, ademais de dous actores e catro técnicos. Está baseado nunha das historias que marcou a Galicia nos dous últimos séculos, a emigración. A montaxe divídese nun total de 15 actos, cada un co seu correspondente vestiario, que tratan de mergullar ao espectador nunha historia contada en primeira persoa e que marcou a Galicia nos dous últimos séculos, a emigración.
Cada un dos seus quince actos conta co seu correspondente atrezzo, e sumerxen aos espectadores nunha historia contada de primeira man, na que a emoción e a veracidade coa que os actores a representan, fan que máis dunha vágoa se vise no teatro. Recollen o sufrimento dos máis de un millón de galegos e galegas, e todas as súas familias, que sufriron, e sofren, a soidade da emigración.