González visitou a sede da corporación local e revisou os traballos de limpeza de masa forestal realizados ao longo desta mañá no polígono industrial de Covas, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. 

 

O alcalde, Manuel Ángel Leis, agradeceu a visita do conselleiro e destacou a importante rede de camiños e pasos secundarios cos que conta Negreira, á hora de facilitar a prevención de lumes e o acceso a núcleos, que pola orografía do concello son difíciles de comunicar. Sinalou que o concello conta con tres parroquias dentro das zonas prioritarias, Aro, Lueiro e Xallas, nas que estivo a empresa pública Seaga, e que contan coa posibilidade de incorporar algunha máis.

 

Pola súa parte, o conselleiro, José González, incidiu na cooperación entre institucións e entre os grupos da propia corporación local á hora de traballar na prevención dos lumes. Recalcou que a Xunta ten alugados uns trinta e cinco tractores, dos que se benefician dezasete concellos, un deles Negreira.

 

 

powered by social2s