Como vén sendo tradicional, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, agasallaron cunha figura conmemorativa e un ramo de flores, á nova veciña centenaria de Negreira, Peregrina Fuentes Villar, quen naceu o 17 de agosto de 1920 na súa casa da parroquia de San Pedro de Xallas.

 

Peregrina vén de cumprir un século de vida e convértese na quinta veciña que na actualidade alcanza os cen anos, sendo a terceira muller do concello tras Aurea Barca Esparís, veciña da parroquia de Logrosa que conta con 104 anos e cumprirá os 105 en outubro, ao igual que Victorina Forján Mayo, que vive na vila de Negreira, quen en pouco tempo cumprirá os 104 anos, mentres que seu irmán, Jesús Dourino Forján, da parroquia de Landeira, quen está a piques de cumprir os 102 anos. Precisamente esta idade, tamén cumprirá en outubro Federico Quintáns, o zapateiro da Chancela.

 

 

No caso da nova centenaria Peregrina Fuentes Villar, o seu estado de saúde é moi bo. A súa bisobriña, Engracia Vara, e quen coida dela, na casa familiar de Xallas de Abaixo. Afirma que Peregrina é irmán da súa avóa e que sempre tivo una gran vitalidade: “Ela fai una vida normal, dentro da idade que ten. Gústalle tomar o seu vaso de viño á comida e sae a dar paseos pola horta cando o tempo o permite. Sempre traballou na casa e tivo outros dous irmáns, una muller e un home, xa falecidos”, apunta.

 

As circunstancias actuais derivadas da pandemia da covid-19 non deron lugar a una celebración familiar para conmemorar a efeméride, pero os seus achegados están moi ledos de que Peregrina chegáse a cumprir un século de vida con semellante vitalidade e boa saúde.

 

O alcalde Manuel Ángel Leis, convidouna a visitar a Casa do Concello, e fíxolle a promesa de que o ano que vén poidan ir xuntos á celebración da romaría do San Xoán do Carballoso.

 

 

powered by social2s