Tralo éxito de participación da súa primeira edición, o sábado 28 de decembro celebramos a II Carreira do Turrón, de carácter non competitiva e solidaria, e ideal para potenciar o exercicio físico nestas datas de tantos excesos.

 

Agardámosvos o sábado 28 a partir das 16:00 horas coa concentración e recollida dorsais no pavillón do CEIP O Coto. A partir das 16:30 horas vanse celebrar tres carreiras que con distancias dende os 100 metros ata os 4.000 metros, van a dar cabida a nenos e adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar.

 

A inscrición é de balde e para participar, só tedes que traer 1 quilo de alimentos non percedeiros, que serán entregados aos Servizos Sociais do Concello para distribuilo entre as familias con menos recursos do noso municipio. Tralas carreiras haberá unha chocolatada para tódolos participantes.

 

A inscrición está aberta ata o venres 27 de decembro ás 14:00 horas, ben na propia Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura, ou ben chamando ao número de teléfono 981 88 58 86, así como en Internet no seguinte enderezo: https://carreiradoturronnegreira.blogspot.com/p/inscricion.html

powered by social2s