Este sábado 22 de xuño, a partir das 16.00 horas, celébrase nun circuito urbano e pechado ao tráfico, a sétima edición da Volta Ciclista ¨Concello de Negreira¨, de categorías escolas, cadete e xúnior, dentro do circuito de carreiras do Campionato Galego en estrada, baixo a organización do Club Ciclista Negreira e maila Federación Galega de Ciclismo, e coa colaboración do Concello e de Protección Civil de Negreira, así coma o apoio de distintas firmas comerciais de Negreira e comarca.
Corte de tráfico
Con motivo da celebración deste importante evento deportivo en Negreira, e para que poidase desenvolver coa máxima seguridade dos participantes, o Concello solicita a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante a tarde do sábado 22.
As rúas que permanecerán totalmente cortadas ao tráfico entre as 16.00 e ás 20.00 horas, son as seguintes: Avenida das Brañas; rúa Deportivo da Coruña; Carballiños; Xosé M. López Ardeiro; Castelao; Teresa Fabeiro Caamaño; Tambre e Camiño Vello (só un carril na confluencia coa avenida das Brañas).