Foto Actívate.jpg

 

Neste mes de xuño o Concello de Negreira presenta distintas actividades culturais e lúdicas para o desfrute da veciñanza, sobre todo pensando na rapazada antes do verán. Teatro, música infantil, apertura da piscina e moitas sorpresas nunha programación que vai a continuar co Verán Cultural, a partir do mes de xullo.

 

A primeira actividade e o Miniciclo de Teatro coa Escola de Teatro de Santa Comba o sábado 12 e a Escola de Teatro Municipal de Negreira que fará a súa estrea o venres 18 e mailo sábado 19. Ambas citas serán no Auditorio de Negreira.

 

Para os máis pequenos, o martes 15 e o venres 26 teñen unha cita ineludible coas actuacións de Mamá Cabra no novo auditorio ao aire libre da rúa Teresa Fabeiro (19:00h), o primeiro día, e coa Festa do Apego, na área recreativa Agra de Chans, na Baña, o día 26.

 

O martes 15 terá lugar a apertura da tempada das Piscinas ao aire libre do Coto que se extenderá até o 15 de setembro, e o último sábado de mes terá lugar o evento da Noite Romántica, onde os restaurantes de Negreira participantes farán menús especias e haberá actuacións musicais.

 

Para o domingo 27 o programa #Actívate péchase coa clausura da Escola Municipal de Baile Tradicional, coa celebración do Día da Muiñeira nunha versión reducida, a partir do mediodía na praza do Concello.

 

Attachments:
Download this file (Programa Actívate.pdf)Programa Actívate.pdf

 

 

powered by social2s