antiviolenciaxenero1.jpgArredor dunhas duascentas persoas, de tódalas idades, desafiaron á choiva o pasado sábado 24 de novembro para camiñar en Negreira como mostra de compromiso na loita contra a violencia de xénero, dentro da sétima Andaina que promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.).

 

Esta camiñada, que foi pioneira nas comarcas de Santiago e, que cumpre sete anos, estivo encabezada polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e membros da Corporación Municipal como a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, e as concelleiras María José Carballo Villar, do Partido Popular, e María del Carmen Vieites, de Ciudadanos.

 

antiviolenciaxenero2.jpg

 

Unha vez rematada a andaina polos paseos fluviais ata regresar de novo á vila, entregáronse os premios do VIII Concurso ¨Loita contra a violencia de xénero¨, convocado por este motivo. No apartado de relatos curtos, a gañadora foi Alba Cuns Iglesias, polo seu traballo: Sen aviso. No apartado de cartaces gráficos, o premio foi para un grupo de nenos e nenas baixo o nome de: Xurelos e Sardiñas. En ambos casos, o premio consistiu nun vale agasallo de 100 € canxeable en tendas e comercios de Negreira.

 

Para rematar a xornada, repartiuse chocolate e rosca entre todos os participantes, trala lectura dun manifesto por parte da moza Alba Cuns Iglesias.

 

antiviolenciaxenero3.jpg

powered by social2s