A súa Xira Máxica, que comezou en Pesadoira o pasado 4 de xullo e tivo dous pases na vila de Negreira durante as festas de San Cristovo, prosegue o seu percorrido polo concello. O mago Romarís ten catro datas confirmadas máis ao longo do verán: as máis inmediatas, no mes de xullo, terán lugar en Aro, o sábado 17, e en Logrosa, o sábado 31.

A xira continuará no mes de agosto por Covas, o día 7, Xallas, o día 8, e Portor, o día 15. Todos os pases serán celebrados nos locais sociais de cada parroquia ás 20:30 horas, cun aforo limitado. 

Á marxe destes espectáculos, o mago Romarís ofrecerá un curso de maxia para rapaces e rapazas a partir dos nove anos na primeira quincena de agosto. Será en Negreira e para grupos limitados.

powered by social2s