O Concello de Negreira participa nunha nova acción formativa englobada no Obradoiro de emprego Constrúe en verde 2023 que está promovido polo Concello de Santa Comba, e coa colaboración dos concellos de Negreira, Val do Dubra e A Baña, quenes contan cunha achega económica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización deste taller para 20 alumnos/as, distribuídos nas seguintes especialidades formativas:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (Agaro309)
- Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción (EOCB0109) e Operacións auxuliares de albanelaría de fábricas e cubertas (EOCB0208).
Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte. Alí, serán preseleccionados aqueles que demanden algún dos seguintes servizos: Escolas taller (320); Casa de oficios (330); Taller de emprego (340), e Outros programas de emprego formación dual (370).
Os destinatarios deste obradoiro deberán ter os 18 anos cumpridos para poder participar no mesmo.
Aquelas persoas que non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose á citada oficina, e pedindo cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/
Tamén poderán inscribirse a través da oficina virtual do SPEG.
Prazo máximo de inscrición: venres, día 24 de novembro ata as 12:00 horas.
A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio é para o día 11 de decembro de 2023.
Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa oficina de emprego dos concellos participantes:
Concello de Val do Dubra (981 889 000) / Concello de Negreira (881 035 150) / Concello da Baña (981 886 501) e Concello de Santa Comba (663 728 782).